Vostede está aquí

Falta de previsión

A   asociación  veciñal  Oza-Gaireira-Os Castros lamenta a absoluta falla de previsión ante o paso pola Coruña do temporal “Gong”.


Denuncia que moitos dos desperfectos seguen sen ser arrancados a día de hoxe



A nosa  asociación veciñal quere denunciar a absoluta falla de previsión do goberno municipal ante o paso pola nosa cidade do temporal “Gong”. Sendo conscientes de que algún sucesos son imprevisibles, como o acontecido na Rúa da Mercede, outros podían ter sido resoltos se existise unha mínima previsión.



Neste senso, temos que denunciar o grave risco que supuxo para os viandantes a caída do valado que tapa o solar da Ronda de Outeiro esquina Montiño –Acompáñanse fotografías xunto con esta nota-, e que xa antes do sábado se atopaba nun estado lamentable. Esta situación, que é consecuencia directa da permisividade co Concello cos solares abandonados e coa especulación urbanística, puido ter causado unha desgraza persoal.



Por outra banda, non podemos senón denunciar que a día de hoxe, dous días despois do paso do Gong pola cidade, o valado dese solar continúe sen ser amañado, impedindo o tránsito aos peóns pola beirarúa.



Desde a A VV de Oza instamos ao Concello a aprender dos erros e, para o futuro, actuar coa previsión que merece unha situación destas características.