Vostede está aquí

Exposicion Granxa Agricola de Monelos

Exposicion Granxa Agricola de Monelos

O vindeiro martes, día 7 de novembro ás 19:30h,AC Alexandre Bóveda e AV de Oza Gaiteira-Os Castros, inauguramos no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1, 15006) unha exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos. Entre 1888 e 1964 funcionou na Coruña a Granxa Agrícola Experimental, o primeiro centro dedicado á mellora das técnicas e produtos agrarios e gandeiros e durante décadas impulsou a modernización do campo galego e a formación dos labregos e labregas.

Actuou como un foco de ciencia básica e aplicada, un centro de dinamización social e sensibilización ambiental e un foco de divulgación científica. Entre os seus logros o máis importante é o de ter fixado a raza rubia galega, ou a introdución do cultivo do lúpulo no noso país, dando lugar á primeira cervexa galega, ademais de realizar un importante labor na loita contra pragas e na construción dun coñecemento experto que axudou á modernización do campo.

Nos anos sesenta foi derrubada o que obrigou ao seu traslado a Guísamo e despois a Mabegondo, onde o Centro de Investigacións Agrarias continuou o seu labor. Os textos e selección de fotografías son de Xosé A. Fraga Vázquez, en base á exposición A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964), 2011, de Lourenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez.O vindeiro martes, día 7 de novembro ás 19:30h,AC Alexandre Bóveda e AV de Oza Gaiteira-Os Castros, inauguramos no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1, 15006) unha exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos.