Vostede está aquí

Expertos en chapuzas



Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros estamos a recibir queixas dos veciños por unhas chapas de ferro que levan moito tempo tiradas no chan na praciña que está ao carón da praza da Cubela, entre as rúas Rianxo e Ponte. Unha vez máis, en lugar de arranxar as fochancas, cambiando as lousas rotas por outras, deitan unhas chapas de ferro e déixanas tempo e tempo aló tiradas, co perigo que iso supón.

Dende o goberno municipal semella que están a facer un catálogo de chapuzas, na rúa peonil da Gaiteira teñen feito unhas poucas. É moito máis eficaz, barato e eficiente arranxar as cousas como é debido. Facelo desta maneira, ocasiona molestias aos veciños e acaba saíndo máis caro por ter que actuar varios veces cando se pode facer o amaño cunha única actuación.