Vostede está aquí

Esteban Lareo na Asociación de Veciños de Oza







Onte pola tarde o concelleiro de infraestructuras do Concello da Coruña, estivo na Asociación para contarnos polo miúdo os cambios que se están a facer na Avenida de Oza (xa temos que acostumarnos a empregar este novo e feliz nome),até agora coñecida por general sanjurjo.
A preocupación dos e das comerciantes da zona é evidente posto que pensan que reducirase o número de prazas de aparcamento en superficie e que polo tanto pode afectar aos seus negocios pola posible perda de clientela. O Concelleiro explicoulles ás e aos asistentes á reunión que non sería así, senón que ademais xeraríanse máis espazos para aparcar dos xa existentes e que se "humanizaría" o barrio con bancos, árbores e amplitude de beirarúas na procura da famosa frase de "pasear a cidade".
Máis é certo que dende o Concello deixaron que as obras "tomaran" a rúa sen previo aviso, facendo que o comercio tivera que improvisar sobre a marcha como facer posible o abastecemento aos locais comerciais para teren as mercadorías preparadas para comezar a xornada comercial. Bótase moito de menos o trato directo de Concello-Comerciante para evitar estes problemas que o único que fan é crear malestar xeral...