Vostede está aquí

Escrito ao concello reclamando a devolución da faixa

           Hoxe 28 de decembro de 2012 a asociación veciñal presentou no rexistro do concello da Coruña un escrito solicitando se poceda por parte do concello da Coruña a devolución da faixa retirada o día 6 de decembro no escrito pedimos a parte da sua devolución decimos:


  Que como é ben sabido por ter sido noticia de dominio público, o día 6 de decembro do presente ano o Concello da Coruña levou a cabo un operativo no Barrio de Oza, mobilizando ao Corpo de Bombeiros e á Policía Local a fin de retirar unha pancarta instalada nun lateral da rúa da Gaiteira.
 Que no intre en que se procedeu á súa retirada, varios veciños pedíronlle a pancarta aos bombeiros pero éstes non lla entregaron. A día de hoxe, aínda se descoñecen os motivos polos que foi retirada dita faixa.
É interese desta Asociación veciñal a recuperación da faixa retirada, polo que nos diriximos a este Concello da Coruña para que proceda á súa devolución en evitación de ter que acudir ao exercicio de accións xudiciais.