Vostede está aquí

eivas no barrio

Deficiencias no barrio(3)
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:
  • No parque de Oza falla o alumeado, dende finais do ano pasado está sen luz o camiño que está na parte alta do parque, dende hai unhas semanas tampouco ten luz o camiño anterior polo que a metade do parque está sen iluminación. Tamén se teñen queixado veciños e veciñas da parte baixa do parque pois os grandes focos que iluminan os xogos infantís están toda a noite acesos, co enorme gasto que iso supón e as molestias ao dar demasiada luz ás vivendas. É un despropósito apagar farolas necesarias e manter acesos estes enormes focos.
  • Mobiliario roto e arqueta fundida e en mal estado na rúa Poeta Trigo Figueroa.
  • Na Avenida de Oza, , hai buratos na calzada. Son de tal magnitude que supoñen un perigo para o tráfico rodado e as persoas que pasan pola beira.
  • Na rúa Lourenzo Mediante  e rua Cartagena calzada e beiras rúas en mal estado.