Vostede está aquí

Eivas (6)



Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:
  • Poñer Rotulación nas rúas Abegondo,rua Castrillón cruce ca AV. dos Caidos e esta ultima no cruce co Castrillón
  • Poñer bancos na praza da Cubela entre a rúa do Ponte e Rianxo e na mesma praza da Cubela  xa que os veciños e veciñas queixasen do tamaño tan reducido dos  actuais
  • Arranxar as grietas producidas polas raices dos arbores e mal estado da  praza José  González Dopeso
  • Na Ronda de Outeiro a altura da rúa Carballo na finca donde iba ir unha gasoliñeira  estase a covertir nun vertedoiro ilegal polo que  esiximos a sua limpeza por que corresponda
  • Na Rolda de Outeiro, hai buratos na calzada. que supoñen un perigo para o tráfico rodado e as persoas que pasan pola beira e a beirarua en mal estado en moitos puntos .