Vostede está aquí

Denuncia Publica

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar o lamentable estado no que se atopan algunhas instalacións deportivas do noso barrio, nomeadamente as situadas a pé de rúa, desas que podemos facer uso en calquera momento, sen limitacións de horario e accesíbeis a toda a cidadanía.

Calquera veciño ou veciña do barrio pode ver o estado da cancha de baloncesto do parque Europa, toda chea de baches, ou dos aparellos para ximnasia da praia de Oza, cubertos de maleza; ou tamén da cancha de fútbol do parque de Oza, cunhas reixas rotas que son un perigo para os rapaces.

Se queremos traballar por unha sociedade que aposte por un modelo de ocio saudábel e construtivo, o deporte é unha peza fundamental, e as instalacións deportivas en zonas públicas un elemento imprescindíbel. Cando estas instalacións deixan de manterse acaban por facerse inútiles, estragando o investimento realizado na súa construción. Dende a AAVV instamos ao Concello a que realice as obrar necesarias para manter as instalacións en bo estado.