Vostede está aquí

Deficiencias varias

Dende a  asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros 
Queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de deficiencias no parque de San Diego e na Avenida do pasaxe:
A) Pintado na sua totalidadee amaño de certas partesdo carril bici. Señalización adecuada, pois os peóns tenden invadir a zona.
B) Pintado da balustrada do anden superior, que dado o seu pouco uso peónil poderia utilizar unha parte como carril bici.
c) Amaño do espazo dos maiores:
.-limpeza e saneamento
.-colocación de servicios públicos, que si funcionan o inicio do Parque
.-unha amplia cuberta para protexer do sol e da chuvia, techado a tejavana.
.- cambiar os bancos da zona por otros mais comodos, e engadir algún mais.
D) O espazo a esquerda da paxareira esta diseñado como un mirador, máis non funciona como tal.
.limpeza e pintado
.- diseño para sua utilización como mirador. Dotarlo dunha marquesina, utensilios,etc
E) En certas prazoletas da bancos, onde a xente sentase no vran,pega moito o sol, pois a pantalla arbórea esta mal diseñada e non ten as arbores adecuadas, non protexe o espazo. Tratariase como millor sistema incrementar a masa arborea, cabiala por outra mais densa e adecuada e no peor dos casos unha marquesina.
F) incrementar numero de papeleiras
G) crear un ponto de atención urxente no centro cívico.
H) Maleza na Avenida da Pasaxe dado a época seria convite cortar para evitar posibles lumes