Vostede está aquí
Deficiencias no barrio (10)
23/01/2013 - 23:08
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros Queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:
-
Maleza e lixo nun solar da rúa San Diego (antigo camiño da Cubela).
-
Maleza e lixo na rúa Gonzalez Chas nos terreos do antigo corralón da Gaiteira.
-
Na rúa José Mª Hernandez a estrada ten fochancas e as beirarrúas están en pésimo estado. Son de tal magnitude que supoñen un perigo para o tráfico rodado e as persoas que pasan pola beira.