Vostede está aquí

Deficiencias no barrio

Deficiencias no barrio(12)
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros  ,queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:
  • Na Avenida dos Caidos , hai buratos na calzada. Son de tal magnitude que supoñen un perigo para o tráfico rodado e as persoas que pasan pola beira.
  • Maleza e lixo na rua San Diego( antigo camino da Cubela)
  • Praza da Cubela calzada en mal estado  altura do paso de cebra
  • Na zona de xogos infantiles  do Parque de Oza ,precisase un maior coidado e limpeza, xa que  de feito hai gran cantidade de excrementos de cans. Asimesmo  é necesario maior vixilancia para o cumprimento da normativa municipal e levar a cabo unha campaña de concienciación ciudadana.