Vostede está aquí

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

Mentres miramos como este sistema económico cambaléase pola falta de control e as ansias de gañar diñeiro duns poucos, encontrámonos que nas comunicacións sen fíos está a pasar o mesmo no seu despregue caótico. As operadoras de telefonia móbil (apoiada en moitos casos polos mesmos asesores das tabaqueiras que fixaban estándares para as probas científicas para impedir demostrar que o fume do tabaco é daniño) inténtanos convencer, dende os seus intereses económicos, de que non pasa nada e que non se pode demostrar perigo algún para a saúde do seu caótico despregamento actual.

Mentres dende as institucións europeas xa se nos informa de que os limites de exposición ás emisións electromagnéticas (como a que aplica a normativa estatal española) se consideran obsoletos para protexer a saúde da poboación (especialmente dos grupos máis vulnerábeis) e deben ser reducidos
No coloquio “Tecnoloxía inalámbrica, un novo problema sanitario" organizado o 23.04.09 no Senado do Parlamento francés, 4 doutores europeos de renome na investigación sobre campos electromagnéticos (o coordinador do proxecto de investigación europeo Reflex, o científico alemán Franz Adlkofer; o cancerólogo francés Dominique Belpomme; su colega sueco Lennart Hardell; e o investigador do departamento de neurociencias do Karolinska Institute de Suecia, Olle Johansson), lanzaron un chamamento solemne co fin de advertir aos poderes públicos contra a utilización sen limitación das tecnoloxías sen fío.