Vostede está aquí

Constantes atascos na avenida dos Caídos


Dende hai moito tempo, veciños e veciñas da avenida dos Caídos veñen denunciando constantes atascos dos buses urbanos por mor de vehículos mal estacionados que dificultan o seu paso.
Na praza que está na parte alta da avenida, con moita frecuencia hai coches mal aparcados nas esquinas que dificultan o paso dos buses, ocasionando atascos, ruídos e molestias; incluso provocando situacións de perigo por manobras imprevistas dos vehículos ao tratar de esquivar outros mal estacionados.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros solicitamos do Concello que poña solución a este problema, ordenando o tráfico de tal xeito que se impidan estas situacións e melloren o tránsito dos buses pola zona. Buses que deberían tamén mellorar o seu servizo por toda a zona de Castrillón, aumentando a frecuencia e as liñas para ter maior acceso a outras zonas da cidade.