Vostede está aquí

COMUNICADO DE PRENSA POLO BULEVAR DE OZA


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, ante o anuncio do Concello da Coruña, consideramos que medidas de tal calado deben ser consensuadas coa veciñanza, polo que pedimos que o goberno municipal abra un período de alegacións onde os veciños e veciñas opinen e acorden co Concello que facer respecto da supresión ou non de dito bulevar, se a avenida de Oza debe ter dous ou un só sentido, se hai que habilitar un carril bus, un carril bici...

En calquera caso entendemos que actuar sobre unha zona na que se investiron 2.5 millóns de € hai pouco máis dun ano pode ser un auténtico despilfarro, inaceptable nunha época de crise coma a actual e tendo outras prioridades no barrio: carencia de prazas en educación infantil, falla de centros de día, melloras na peonil da Gaiteira ou no parque de San Diego, por poñer só uns exemplos.

Tamén opinamos que non se pode ver todo co único prisma do tráfico de vehículos, xa temos demandado en máis ocasións un plan global de mobilidade, que potencie o uso de medios de transporte alternativos. É evidente que a reforma da avenida de Oza, coa instalación de arborado na mediana e o arranxo das beirarrúas mellorou moito toda a zona, co beneficio que isto supón para o comercio local e a vida no barrio.

Polo que pedimos ao concello que sexan os veciños e veciñas do barrio os que decidan o que hai que facer, as imposicions nunca foron boas.