Vostede está aquí

Chapuzas e falta planificación do goberno municipal

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os castros,ante as queixas dos veciños e veciñas do barrio hai tempo que estamos demandando que se remate coas chapuzas que se están a facer na rúa da Gaiteira, na pista de baloncesto do parque Europa e outras zonas do noso barrio


Hai uns dias tivemos queixas dos veciños que o concello esta facendo arranxos en varia ruas do barrio, arranxando as zonas que estaban en bo estado e deixando as zonas en mal estado sin aranxar , o que nos fai pensar da falta de planificación e improvisación do goberno municipal  en materias de inflaestructuras

Estas actuacións acaban saíndo máis caras e supoñen un despilfarro de cartos publicos , nunha epoca de grave crisis economica, donde hai veciños e veciñas que se atopan en unha grave situación economica e de exclusión social.

Polo que reclamamos dende a nosa asociación veciñal que se faga unha rehabilitación integral de todo o barrio  Contando cos veciños e veciñas, cos comerciantes e os colectivos do barrio para, entre todos, mellorar a calidade de vida no barrio, mellorando o comercio local e a economía das familias.

Dende a nosa asociación veciñal sempre estamos abertos ao dialogo co goberno municipal no que atinxe en conseguir melloras para o barrio e asi mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio.