Vostede está aquí

Cans no parque de Oza

Veciños e veciñas do barrio están a transmitinos as súas queixas polo perigo que supoñen algúns cans no parque de Oza, nomeadamente nos espazos dos xogos infantís. Hai persoas que deixan ceibos os cans, cando está totalmente prohibido, co grande perigo que iso pode supoñer para os cativos.
Dende a nosa asociación xa nos temos dirixido ao Concello para que vixíe que o comportamento das persoas que sacan a pasear os cans polo parque sexa o axeitado, levando o animal preso da correa e recollendo os excrementos. Non é entendible como pode haber persoas que deixen os excrementos do can no parque, en zonas onde están a xogar os nenos.
Se é preciso, que se fagan campañas de concienciación, que se incremente a vixianza e se habiliten zonas para os cans. Hai que fomentar a convivencia e compartir espazos públicos, para iso é necesarios que os donos dos cans teñan un comportamento cívico e responsable.