Vostede está aquí

Buses que pasan polo CHUAC


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos facer públicas as queixas que nos ten transmitido a veciñanza con respecto aos buses que pasan polo CHAUC, en concreto o referido ao seu uso por persoas de mobilidade reducida.
Entendemos que todos os buses que teñan parada no CHUAC deberan contar coa plataforma para a entrada e saída de cadeira de rodas, é habitual que persoas que usan este tipo de apoios para desprazarse teñan que acudir ao hospital. Se a plataforma se fai necesaria en calquera parada do bus, no caso do CHUAC moito máis.
Instamos ao Concello a que tome as medidas oportunas para darlle solución a este problema, dende esta asociación volvemos a insistir en que estamos sempre abertos ao diálogo, o que nos move e traballar para mellorar a calidade de vida no barrio.
Adxuntamos escrito presentado por rexistro do Concello