Vostede está aquí

Buses a praia de Oza

O fomento do uso do transporte público debera ser unha prioridade das administracións no deseño dos plans de mobilidade. O transporte colectivo reduce a contaminación das cidades, desconxestiona o tráfico aforrando tempo nos desprazamentos e consume moito menos enerxía.
O uso do autobús, metro lixeiro e outros medios colectivos de transporte, reporta beneficiosos para a cidadanía, beneficios económicos, sociais e medioambientais. Impulsar o seu uso é fundamental para conseguir unha mobilidade sostible. Un autobús pode substituír entre catorce e trinta coches, pero para que os usuarios se animen a cambiar de medio de transporte e utilicen o autobús ten que ser eficaz, rápido e a un bo prezo.
Dende o noso colectivo consideramos necesario unha nova articulación das comunicacións coa Praia de Oza, fomentando o acceso á mesma a pé, en bicicleta ou en bus.
O acceso peonil existente non reúne condicións e incluso crea situacións de perigo, tampouco existe carril bici algún. A actual pasarela, aparte a barbaridade de deseño, non cumpre requisitos mínimos para o seu uso, moito menos para persoas con minusvalía ou mobilidade reducida.
A estrada paralela ao porto debe artellarse como complemento da Avda. do Exercito e como acceso á Praia de Oza, mellorando e controlando o aparcamento de vehículos na proximidade da praia. E sobre todo, especialmente agora no verán, a veciñanza demanda unha liña de bus que comunique a praia coa cidade.