Vostede está aquí

A ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS INFORMA


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, ante o cruce de declaracións que están a aparecer na prensa a respecto do reforma da Gaiteira, queremos expresar, unha vez máis, a opinión desta asociación, que responde ás demandas da veciñanza e de boa parte do comercio local:



-      É un despropósito instalar mobiliario urbano formando unha mediana con árbores, farolas e bancos, dificultando o paso das persoas e creando barreiras en espazos de lecer. O mobiliario urbano, tal e como está instalado agora, permite compartir ese espazo polas persoas e o comercio local, nomeadamente hostalería.


-      Entendemos que non é necesario gastar case un millón de euros nesa reforma, boa parte do mobiliario está en bo estado e non faría falta substituílo. Coa enorme crise económica e social que padece a veciñanza, non se poder dilapidar os cartos desta maneira. A rúa precisa dunha reforma integral pero ten que facerse co menor investimento posíbel.


-      Tampouco se pode aceptar que as obras duren 11 meses, co enorme prexuízo que iso ocasiona para o barrio e o comercio local. Hai que esixirlle á empresa que faga as obras que contrate a man de obra necesaria para facer a reforma en menos tempo. Non se pode permitir que por obter maior beneficio unha empresa privada se teña a rúa levantada case un ano.