Vostede está aquí

A ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS INFORMA

 

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros solicitamos, unha vez máis, que se actúe para regular o tráfico no semáforo con paso de peóns que existe na Ronda de Outeiro á altura do colexio San Francisco Xabier.

Conflúen nesa zona o paso de peóns para acceder ao colexio e tamén a entrada ao parque de Oza polo que ten moito tránsito de persoas, nomeadamente nenos e nenas. A velocidade dos vehículos, sobre todo dos que baixan dende a Avda do Exército, e a escasa visibilidade, ocasionan con moita frecuencia situacións de perigo que debemos evitar, buscando unha solución antes que sexa tarde.

Dende esta asociación entendemos que se debe actuar sobre o tráfico rodado para que se respecte a velocidade, tamén se debe mellorar a visibilidade e aumentar o tempo de paso dos peóns para que os nenos e nenas máis pequenos poidan cruzar sen perigo.

Como temos comentado sempre, a cidade debe estar pensada para as persoas e non para os coches. Hai que regular o tráfico de tal xeito que os pasos de peóns non supoñan situacións de perigo para os viandantes e iso esixe controlar e reducir a velocidade dos coches.