Vostede está aquí

A ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS INFORMA

Dende a nosa asociación veciñal temos unha vez mais mostrar a nosa oposición ao proxecto de reforma da rúa da Gaiteira onde se instalan   elementos do mobiliario urbano situado no centro da rúa.
Onte tiveron que vir os bombeiros á Gaiteira pola caída duns cascallos dun edificio, as fotos demostran que coa mediana non se cumpliría un plan de emerxencia, o camión ocupa a totalidade da rúa na súa parte máis ancha ao elevar o guindastre ... que pasaria si estivesen instalados ditos elementos

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros tivemos acceso a unhas fotos dos bombeiros . Nestas fotos queda en evidencia que a veciñanza e o comercio local ten razón na súa demanda pois non ten sentido instalar todo ese mobiliario no medio da rúa.
Calquera persoa que consulte o borrador pode comprobar que hai mobiliario urbano (macetas, faroles e bancos) que, ao instalarse no centro da rúa, crean barreiras para o paso das persoas e para a instalación das terrazas. A situación do mobiliario urbano existente agora, por certo en bo estado e que non se precisaría substituír, é moito máis lóxica e racional, permitindo o disfrute da rúa por parte de todos.
A rúa precisa dunha reforma pero esta ten que servir para reactivar o comercio local e mellorar a calidade de vida no barrio, así o están a expresar as 1740 de sinaturas recollidas e entregadas polo rexistro ao concello da Coruña. Dende a nosa asociación instamos, unha vez máis, ao Concello a consensuar a reforma, escoitando a opinión de todos.
Queremos unha rúa para as persoas, para ter espazos de lecer e para mellorar o comercio local, para que as nenas e nenos poidan xogar libremente sen o perigo que supón o tráfico rodado e para que os nosos maiores poidan pasear tranquilamente. Por ese motivo esiximos que non se instale todo ese mobiliario urbano no medio da rúa, ese mobiliario ten que instalarse de xeito similar ao que ten agora, non creémos barreiras onde hoxe non as hai.