Vostede está aquí

A asociación veciñal decide levar ao Parlamento Europeo a falta de control nas descargas de carbón e outros graneis sólidos no porto da Coruña.



A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Informa
A asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros tras manter unha xuntanza coa  portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda poñemos a disposición do BNG toda a información da que dispoñemos para denunciar no Parlamento Europeo a falta de control nas descargas de carbón e outros graneis sólidos no porto da Coruña.
O noso colectivo veciñal levamos moitos anos denunciando a contaminación que padece o barrio e que pon en perigo a saúde dos veciños e veciñas, esta falta de calidade do aire é principalmente causada por unas descargas que se fan sen tomar as medidas necesarias para evitar a liberación masiva de partículas ao aire. Son moitos anos nos que as administracións están a mirar para outro lado mentres hai persoas que padecen crises de saúde e ingresos hospitalarios cada vez que os niveis de contaminación se disparan.
Ante esta situación, falta de control por parte da Autoridade Portuaria e complicidade das administracións con competencias na materia, ao noso colectivo non nos queda outra opción que levar o tema ao Parlamento Europeo, para tratar de conseguir unha sanción que obrigue á Autoridade Portuaria a facer as descargas poñendo todas as medidas de protección necesarias.
Non podemos permitir que sigan a poñer os intereses económicos por riba das saúde das persoas, o barrio non está en contra da actividade industrial no porto da Coruña, todo o contrario, se esta actividade se realiza de xeito correcto poderían crearse moitos postos de traballo e poderiamos ser unha referencia estatal e europea de como a actividade industrial pode ser compatible coa calidade de vida no barrio, algo que non acontece agora pois o que se está a primar é o interese económico duns poucos.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros agarda que a denuncia que trasladamos ao Parlamento Europeo sirva tamén para que as autoridades con competencias na materia tomen nota e cumpran coa súa obriga na defensa dos intereses da cidadanía e no coidado da saúde das persoas, unha situación que a día de hoxe non se dá.

Na Coruña 12 de agosto do 2014
Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros