Vostede está aquí
Apoio a paltaforma de emigrantes retornad@s da Coruña
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade ca plataforma de emigrantes retornad@s da Coruña , emigrantes galeg@s a quen Facenda quere impor unha multa por non declarar entre 2008 e 2012 as súas pensións no estranxeiro, recibindo un trato inxusto e desproporcionado por parte da administración da axencia tributaria xa ca maioria dos casos ,fixerón o que nesa adminitración lle indicarón.
O noso colectivo quere esixir das administracións un trato correcto con esas persoas e unha solución ao conflito xerado polas propias administracións. Solución que debe pasar pola retirada das sancións. Non podemos esquecer que en moitos casos son as pensións destas persoas as que están tremando da economía familiar dos seus fillos e netos.
Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio tamén afectados polo que con este motivo animamos a toda a veciñanza a participar na manifestación que se vai celebrar o 1 de febreiro as 11 horas en Vigo na rúa Aragón no cruze ca rúa Urzais