Vostede está aquí

Apoio ao comercio local da rúa da Gaiteira.

Apoio ao comercio local da rúa da Gaiteira.


As obras da rúa da Gaiteira, nas que non se consultou a veciñanza, que se planificaron mal e se están a executar aínda peor, levan causado un enorme prexuízo económico para o comercio local. Este ano tivemos un tempo de verán como non se recorda nos últimos tempos, pois todo o verán a rúa estivo en obras case na súa totalidade, o que deixa ben claro a nefasta planificación.

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros, dirixímonos ao Concello para que se teña en conta o grave prexuízo e quebranto económico que supoñen estas obras nun comercio local que leva anos padecendo unha gran crise. É necesario que dende o Concello se tomen medidas para contrarrestar as perdas económicas que están a supoñer as obras, falamos de bonificacións ou exencións que teñan en conta as perdas económicas deste ano, así como campañas de apoio ao comercio local e axudas para poder saír da grave situación na que se atopan.