Vostede está aquí

Antenas de telefonia móbil

Dende a nosa asociación de veciños e veciñas vemos que pola falta de control e as ansias de gañar diñeiro duns poucos, encontrámonos que nas comunicacións sen fíos está a pasar o mesmo no seu despregue caótico. As operadoras de telefonia móbil (apoiada en moitos casos polos mesmos asesores das tabaqueiras que fixaban estándares para as probas científicas para impedir demostrar que o fume do tabaco é daniño) inténtanos convencer, dende os seus intereses económicos, de que non pasa nada e que non se pode demostrar perigo algún para a saúde do seu caótico despregamento actual.

Mentres dende as institucións europeas xa se nos informa de que os limites de exposición ás emisións electromagnéticas (como a que aplica a normativa estatal española) se consideran obsoletos para protexer a saúde da poboación (especialmente dos grupos máis vulnerábeis) e deben ser reducidos partindo de que os emisores de Campos Electromagnéticos “poden producir efectos adversos para a saúde humana”, chama directamente a aplicar o principio de precaución.
Dende a nosa Asociación facemos un chamamento aos veciños e veciñas a denunciar a instalacións de ditas antenas