Vostede está aquí

ACTIVIDADES AAVV OZA GAITEIRA OS CASTROS 2014-2015

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.

Deste xeito, entre este mes de setembro e o de outubro comezamos con: bordado, ioga, manualidades, sevillanas, pandeireta, gaita, tamboril, acordeón , violín e talleres de informática, estudando como orientalos para chegar sobre todo a persoas maiores e xente nova que precisan iniciarse neste eido.
Tamén imos a impartir inglés, cun grupo de iniciación e outro de conversa,  un grupo de alemán , un de pilates ,  Outras actividades que esperamos poñer en marcha nos vindeiros meses están relacionas co deseño gráfico, o debuxo, a fotografía ou a edición de vídeo, e taller de estimulación de memoria. iremos informando a medida que as poñamos a andar.

Calquera persoa interesada en participar dalgunha destas actividades pode pasarse polo local da AAVV (Rúa da Mercede 56, baixo) a partir das 18 horas ou contactar con nós no teléfono 981298122 ou no email: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com.