Vostede está aquí

Acorda

A asociación veciñal Oza-Gaiteira- Os Castros, o día 11 de Decembro as 19 :30, no Forum Metropolitano, proxecta as documental :  Acorda

Dirección  e  reparto

Dirección: Marina Carracedo, Lucas Terceiro, Uxía
Reparto: Queta Molas, Telmo Comesaña, Sheila Patricia, Lois Pére

Toda historia de represión e inxustiza ten o seu relato de resistencia
e esperanza. A nosa memoria espértase e renace nos lugares, na xente..

Sinopse No 36, o fascismo franquista quixo apagar a nosa voz e o noso
pensamento, quixo roubarnos a choiva. A historia escríbea quen gana,
pero outras historias séguense escribindo tamén. Hoxe, como quen se
esperta tras un longo soño, volvemos a algúns dos lugares onde habitou
o silencio, o medo, a perda, e poboámolos de música, cancións e
palabras. O Departamento de Memoria Histórica dá Deputación de
Pontevedra propón unha emocionante viaxe á memoria da man do poeta e
narrador Lois Pérez e da cantante Uxía, que reúne algunhas das voces
máis representativas de Galicia para ilustrar historias de loita e
dignidade. Idea orixinal: Departamento de Memoria histórica dá
Deputación de Pontevedra.