Vostede está aquí

Acceso ás novas tecnoloxias reciclando

 Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros   instamos ao concello a que facilite o acceso ás novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, difunda o software libre en diferentes ámbitos da noso barrio.
Propoñémoslle recoller equipos informáticos que non se usen, porque fosen substituídos por outros máis novos, e proceder á súa revisión e actualización con programas libres, para poder poñelos a disposición de persoas e colectivos sociais que os precisen. Podería colaborar calquera persoa ou colectivo, do xeito que máis lle interese.
O punto de recollida do material seria  algún punto limpo do Concello e, en colaboración co Centro galego de novas tecnoloxías, dependente da Xunta, poñer eses equipos a disposición de persoas ou colectivos que os precisen.
A cuestión sería que unha vez entregado o equipo no punto limpo, o concello faríase cargo da revisión e reparación do mesmo, así como da instalación e configuración dos programas que sexan necesarios. Usaríanse sistemas operativos libres (GNU/Linux) e tamén o software libre que fose necesario para usar estes equipos.
Nos tempos de crise que estamos a vivir, esta iniciativa permitiría reciclar material usado e poñer a disposición de persoas e colectivos con dificultades para acceder ás novas tecnoloxías ferramentas imprescindibles hoxe en día, mellorando o medio ambiente e procurando unha mellora social. Non sería problema de cartos senón de interese para facelo, creando traballo e facendo barrio e cidade.