Vostede está aquí

3 foro económico español

unha concetración este o mércores 24 de abril ás 12 da manhá, 11:45 en primeira convocatoria, diante do Palexco. Non á Galicia qué queren!

Os días 23 e 24 de abril vai ter lugar na Coruña, no Palexco, un foro co que pretenden blanquear perante a sociedade galega o plan que tanto a Xunta como os diferentes lobbies e entramados empresariais teñen para o que dan en chamar reindustrialización, ‘La Galicia que viene’. Non deixa de ser un intento de lavado de cara para seguir co espolio que acometen contra o noso territorio. Un plan avarento para seguir alimentando as súas arcas, os seus petos a costa das nosas vidas, do noso desenvolvemento sostíbel, do noso traballo, do noso territorio, do noso patrimonio natural, histórico e artístico.

Maquillándoo todo cunha suposta modernidade, sostenibilidade, e co que dan en chamar futuro, coa cor verde como base e premisa; cando o único que trae e degradación e destrución. Foro ao cal, evidentemente, non foron convidadas organizacións, entidades e ou profesionais que puideran dar unha outra prespectiva.* Desde Altri, ata o plan eólico depredador, pasando pola especulación urbanística, a privatización da sanidade, mais con nomes que pretenden ser atractivos, esas son as auténticas temáticas, entre outras, a radiografía e o auténtico plan da ‘Galicia que viene’.

Non imos permitir que nos sigan enganando ou apropiándose espúreamente dos nosos recursos e do noso medio natural como se foran da súa propiedade, por iso, moitas persoas, entidades, asociacións veciñais e de diferente índole, organizacións de todo tipo, etc... convocamos a unha concetración este o mércores 24 de abril ás 12 da manhá, 11:45 en primeira convocatoria, diante do Palexco. Non á Galicia qué queren!