Vostede está aquí

22 ABRIL MANIFESTACION POLA TORRE


Representantes dos traballadores e traballadoras da Torre, Paulo Sexto (AVV Oza - Gaiteira - Os Castros), Alberte Fernández e Javier Mariñas (AVV Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules)

M A N I F E S T O

Os colectivos e asociacións presentes, a través do seguinte comunicado, esiximos ao goberno municipal do Partido Popular a reapertura inmediata do noso faro máis emblemático, patrimonio da humanidade, fonte de atracción turística e gardián silencioso da historia da nosa cidade e da Nosa Terra que permanece pechada sen explicación clara que o xustifique logo dunha enorme campaña entre o pobo da Coruña e de todos os apoios para conseguir que fose declarada Patrimonio da Humanidade.

Do mesmo xeito pedimos unha solución ao problema dos traballadores e traballadoras que foron despedidos e despedidas e que se atopan, actualmente, cun futuro incerto.

Por este mesmo motivo facemos un chamamento ao resto de axentes veciñais, sociais, culturais, deportivos, políticos e sindicais para que o vindeiro DOMINGO 22 DE ABRIL secunden a marcha baixo o lema “POLA APERTURA DA TORRE DE HÉRCULES” que sairá ás 17:00 HORAS dende o Breogán ao pé do faro até o Pazo de María Pita.