Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

PROXECTO DE IGUALDADE PARTICIPATIVO  :OZA, UN MAR DE MULLERES

OBXECTIVOS DO PROXECTO:

       Poñer en valor a importante aportación das mulleres en todos os eidos da sociedade e en concreto ao desenvolvemento do noso bairro e que hoxe en dia fica lamentábelmente invisibilizado. A súa participación activa en todas as loitas para conquerir unha realidade máis igualitaria e xusta, moitas das veces desenvolvendo traballos duros e sacrificados que se converten nunha dupla actividade fora e dentro do espazo doméstico, nun claro exemplo de solidariedade e entrega. Queremos rachar coa invisibilización da muller na sociedade partindo do noso bairro e a un tempo denunciar, concienciar e sensibilizar ao respecto da sistemática situación de acoso, violencia, maltrato, no seu sentido máis amplo, da que as mulleres seguen a ser obxecto dentro dunha sociedade presidida polo machismo.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros comenzamos unha campaña de recollida de xoguetes para que ningun nen@ do barrio sin  xoguetes .

Recollense no local da asociación veciñal na rúa da Merced 56, baixo  do 15  de novembro ao 20 de decembro

Horario de recollida os martes e xoves de 18:30 a 20:00.

 

O roteiro organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro de # CuturaDeBarrio celebrarse o sábado 20 de outubro e salirá as 11h do mirador dos Castros, e percorrerá o parque de San Diego, desde onde se ven os terreos do porto, pasando pola Xubias ata chegar ao Faro de Oza. Pretende ser unha visita de campo para ver a realidade actual do litoral e descubrir o pasado e debuxar o futuro da nosa costa.  

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Historica vai proxectar o documentário: 'Mauthausen, regreso ao campo da morte'

No Forum Metropolitano o día 5 de novembro as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Ó rematar haberá un encontro e debate co

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros comunica que debido a inclemencias meteorolóxicas O roteiro que  se ía celebrar  o sábado 6 de outubro ,   aprazado  ao sábado dia 20 de outubro  e salira as 11 do Mirador dos Castros 

Un Saúdo a Directiva dá Asociación

Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias

Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias. Só é necesariovontade, papel e lapis;o resto é escoitar o que levamos dentro.
Neste curso de escritura creativa calquera persoa poderá iniciar o seu proxecto literario, ou simplemente practicar técnicas até sentir que amusa desexa falarlle ao ouvido.

O roteiro organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro de # CuturaDeBarrio celebrarse o sábado 6 de outubro e salirá as 11h do mirador dos Castros, e percorrerá o parque de San Diego, desde onde se ven os terreos do porto, pasando pola Xubias ata chegar ao Faro de Oza. Pretende ser unha visita de campo para ver a realidade actual do litoral e descubrir o pasado e debuxar o futuro da nosa costa.

Na Asociación veciñal  imos ter uns cursos de Inglés

Na Asociación veciñal imos ter uns cursos de Inglés. Os cursos serán:

Xa temos os horarios das actividades 2018-2019   que comenzaran  a partir de Outubro  . Animaros  e  anotarse xa  veis  que non falta nada e temos unha   programación chea de novidades.

MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio

MAR DE OZA é un proxecto participativo organizado pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, que busca abrir un debate ao redor do futuro do litoral do barrio. Nunha primeira etapa desenvolveranse 2 actividades abertas ao público: un debate e un roteiro pola costa.

Páxinas