PONTE DA GAITEIRA

Neste punto da Rúa Posse, onde está agora a rotonda, atopábase un paso peonil que salvaba as vías do tren e comunicaba as rúas Gaiteira de Arriba e Gaiteira de Abaixo (actual rúa Alcalde Marchesi). A ponte foi construida en 1912, sendo unha das primeiras construccións en formigón na Coruña. Foi derribada a principios dos setenta. 

As nais do barrio subían ós nenos para que respiraran os vahos do tren

Por debaixo desta ponte saían os trens dende a antiga Estación do Norte e era un espazo habitual de xogo para os pequenos do barrio. As nais subían ós rapaces para que inhalaran os vapores das máquinas do tren xa que pensaban que evitaba enfermidades como a tosferina. Os veciños tamén aproveitaban o carbón que caía do tren recolléndoo das vías.

A ponte era o límite coa Cubela, onde se constriu o actual centro comercial

CRONOLOXÍA

· 1883 Entra o primeiro tren polas vías da Estación do Norte
· 1912 Contruíuse a ponte peonil
· 1967 Entra en servizo a estación de San Diego e estas vías quedan en desuso
· 1974 Derríbase a ponte peonil

LOCALIZACIÓN
Como chegar