Vostede está aquí

O documental : Santa Libertade

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : Santa Libertade
 
1961: o transatlántico Santa María que fai o roteiro Venezuela - Galicia é asaltado por un comando do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) para chamar a atención ao mundo sobre as ditaduras de Franco e Salazar.
Trece días, trece noites, o navío cambia o nome polo de SANTA LIBERTADE e pasa a ser escenarios dalgúns dos acontecementos que definen o ventre do século XX. Tres membros do comando reencóntranse por primeira vez para ser os personaxes centrais da película.
 
Ficha técnico-artística
Guion e direción Margarita Ledo Andión Director de fotografía Rui Poças Edición Toño López, Manu Maio, David Pinillos Música Manuel Rodeiro Casting Mónica Camaño Produtor executivo Xabier Eirís
Postproducción Carlos L. Ríos
Destribuidora Biblos, Clube de lectores/ Ignacio Benedeti Cinema S.L/ TVG/ CAGAI
Produtora CNAC Venezuela/ Filmanova S.L./ Grupo Novo de Cinema Brasil/ Nós, Produtora Cinematográfica Galega, S.L./ Tango Bravo Venezuela/ Textimedia Portugal
 
 
No Forum Metropolitano, o día 8 de novembro   de 2021 ás 19:30.

Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

Requisitos: Será de OBRIGADO cumprimento

  • O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente)
  • Lavarse as mans con xel  hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
  • O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo
  • Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
  • Respectar a sinalización
  • Seguir en todo momento as indicacións do persoal do local. RECOMÉNDASE
  • Limitar o máximo posible o uso dos aseos
  • Actuar con responsabilidade