Vostede está aquí

O BARRIO NON SE VENDE

A asociación veciñal  cultural deportiva  recreativa Oza Gaiteira Os Castros ante a reunión que vai manter o Concello da Coruña ca Autoridade portuaria queremos manifestar :

Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.

Tamen demandamos a titularidade pública dos terreos e a iniciativa pública na súa xestión e na súa transformación, e pedimos constituír un consorcio entre todas as administracións implicadas.

 

A veciñanza do noso barrio non estamos dispostos a que servan de moeda de cambio. Cando falamos de cesión gratuita e uso público e cívico dos peiraos, falamos de TODOS OS PEIRAOS.

Mostramos a nosa oposición que se edifique nos peiraos de Oza e San Diego a cambio de librar os do centro da cidade.

Dende a Asociación veciñal solicitamos se consulte aos veciñanza sobre os posibles usos dos terreos portuarios unha vez as activiades portuarias se traslanden ao porto exterior.