Vostede está aquí

MELLORAS NAS XUBIAS

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros,  Temos  denunciar diversas deficiencias que nos ten transmitido a veciñanza, nesta  ocasión estamos a falar de zona das Xubias :

Limpeza e saneamento: Colocación  de máis  contedores de lixo, papel e vidro para poder separar os residuos; instalar máis papeleiras e limpar a maleza para previr focos de infección e posibles lumes co risco que pode supoñer para as vivendas.

Recuperar locais existentes, de titularidade pública ou de organismos como Renfe ou Adif antigo  edificio Santiago Apostol , na zona das Xubias que agora están abandonados e sen utilidade ningunha cando se poden poñer ao servizo da veciñanza.

       Demolición de estrutura de formigón e recreación de espazo verde no seu lugar ampliando o parque co que linda polo lado de arriba.

Chegar á acordo coa Xefatura Territorial da Consellaría de Educación pra poder retranquear 1 metro o muro do colexio María Mariño e Adecco   pra darlle máis ancho ao camiño que leva á cala das Xubias.

Intervir nas escaleiras que dan á cala das Xubias pra facelas con pendente máis suave.

Trátase de humanizar na medida do posibel esta zona xa bastante sacrificada por un excalextric que boa por riba das súas cabezas en dirección ao CHUAC