Vostede está aquí
Documental Vidas Invisibles
A asociación veciñal Oza-Gaiteira- Os Castros, o día 6 de marzo as 19 :30, no Forum Metropolitano, proxecta as documental Vidas invisibles. Vidas invisibles é o 1ª documental da Investigación Xornalística sobre o Sistema de Protección de Menores galego.
Trata de dar unha pincelada xeral sobre todas as partes que forman o círculo da protección á infancia: administracións públicas, familias biolóxicas, familias de acollida, nenos e nenas, profesionais, etc. O autor é o comunicador audivisual, Emiliano Cossini Benchimol. O Equipo de investigación está formado pola xornalista Isabel García; polos comunicadores audiovisuais Emiliano Cossini, Javier López Valeiro e Inés Díaz Tejedor. A fotografía é do fotógrafo Jonathan Rodríguez dá Silva. O documental está editado pola Asociación Xornalística de Estudos e Comunicación (PEstudio-Xornalismo Social).
A entrada é libre ata completar aforo. Tras a proxección do documental haberá un debate no que participa a xornalista Isabel García, familia de acollida en activo desde hai máis de 20 anos.