Vostede está aquí
A Casa dos xoguetes. Recollida e entrega de xoguetes
19/11/2020 - 17:19
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros por unha falta de espacio e unha evidente necesidade de prevención e garantia de saúde publica este ano non se recolleran xoguetes desviando a recollida de xoguetes que realiza o concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), que pon en marcha A Casa dos Xoguetes; unha iniciativa para fomentar o consumo responsable de xoguetes, a solidariedade e economía circular, na que un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenas/os de ata catorce anos.
A quén vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
O servizo desenvolverase desde o 14/11/2020 ao 05/01/2021
Horario:
NOVEMBRO
- De luns a venres de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
- Sábados de 10.00 a 14.00 h.
- Domingos pechado.
DECEMBRO
- De luns a sábado de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
- Domingos e festivos de 12.00 a 20.00 h.
- Horarios especiais no mes de decembro:
- O 24 e o 31 de decembro horarios especiais entre as 12.00 e as 18.00 h ininterrompidamente.
XANEIRO
- Do 2 ao 4 de xaneiro de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
- Día 5 de xaneiro de 10.00 a 21.00 h ininterrompidamente.
- Horarios especiais no mes de xaneiro:
- Día 1 de xaneiro de 12.00 a 18.00 h ininterrompidamente.
Requisitos:
- Os xoguetes deberán ter as seguintes características:
- Que sexan produtos deseñados ou previstos para ser utilizados con fins de xogo por nenas/os menores de catorce anos.
- Deben de reunir boas condicións de hixiene e de estado.
- Deben de ser seguros.
Páxina web:
Contacto:
Oficina Municipal de Información as Persoas Consumidoras (OMIC)
Teléfono: 981 189 820
Teléfono de información xeral do concello: 010