Vostede está aquí

Blues dende a MEDUSA

Xa cho dixen, eu son o máis negro do barrio,
máis aínda que o que curra ao pé da medusa no porto,
non hai carbonilla que che poña tan negro como a mín.
Lembra que no arco da vella non hai sitio pra unha soa cor,
lembra que no ceo tamén hai anxiños negros...ooouuuu lembraime!!!
"...ooouuu nena, estás aí???
ooouuu nena, te quero a tí
escoita este blues e se cadra,
esta noite me atoparás
no Flamingo Bar"