Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

O vindeiro dia 30 de maio Charla sobre as Enfermidades ambientais.

A cargo de Ana M. González Tizón e Icía Lista Pombo

A charla se celebrara 19 h. na Biblioteca Fórum.

O acceso ás charlas será libre até completar capacidade.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa dentro do seu ciclo Cinema de Barrio vai o

Documental "A Virxen Roxa "

No Forum Metropolitano, o día  6 de xuño de 2022 ás 19:30.

Entrada de balde ata completar aforo.

A VIRXE ROXA- Trailer

 

O 7 de xullo de 2017, 122 países votaron a favor do Tratado sobre a prohibición das Armas Nucleares.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa dentro do seu ciclo Cinema de Barrio vai o

Documental "O principio do fin das armas nucleares"

No Forum Metropolitano, o día 2 de maio de 2022 ás 19:30.

Entrada de balde ata completar aforo.

O vindeiro venres 1 de abril no vestíbulo do Forum Metropolitano, o pintor, xornalista e escritor Jacinto Ruiz inaugura, ás 19.30 horas, a exposición "Intimidade"

O vindeiro venres 1 de abril no vestíbulo do Forum Metropolitano, o pintor, xornalista e escritor Jacinto Ruiz inaugura, ás 19.30 horas, a exposición "Intimidade". O evento forma parte das actividades organizadas pola a AAVV Oza, Gaiteira,   Os Castros para promocionar a cultura pictórica, musical, a danza, o teatro, a literatura e a divulgacióm científica.

Este programa está coordinado xunto á profesora Ana González Tizón e xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d

A Biblioteca Fórum Metropolitano organiza o ciclo de charlas de divulgación científica Para Saber +. Este programa está coordinado xunto á profesora Ana González Tizón e xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña: UDCiencia I+D.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa dentro do seu ciclo Cinema de Barrio  NADA QUE VER , o documental polos 25 anos de CUAC FM 
 
No Forum Metropolitano, o día 4 de abril    de 2022 ás 19:30.
 
Entrada de balde ata completar aforo

 A Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña estase a desenvolver un Proceso de Participación Pública para o posterior desenvolvemento do Programa de Monitorización Enerxética de Edificios Residenciais. Dado que participaches en anteriores procesos de similares características, poñémonos en contacto para informarte sobre este programa por se fose do teu interese.

En homenaxe a José Moreno Torres  e todos os que loitaron por causa xustas

Mércores 9 de marzo ás 19.30h

Lugar: muelle de Oza

Participan:

Juan Manuel Diaz Villoslada (concelleiro de Urbanismo Concello da Coruña), Olga Mahía, Asociación de Vecinos de Oza Gaiteira Os Castros, Carmen G-Rodeja (Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica ARMH)

A asociación veciñal organiza unha exposición de Fotográfica enmarcada dentro das actividades de dinamización do barrio que está a levar a cabo a asociación. Dita exposición a son fotografias  da I Edición de Safari fotográfico Oza Gaiteira Os Castros. A exposición sera no Centro Civico de San diego  do 21 de febreiro o 7 de Marzo

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : Memorial de Camposancos.

No Forum Metropolitano, o día 7 de marzo   de 2022 ás 19:00.

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

Páxinas