Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

O día 9 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na Asociación de Veciños Oza,
Gaiteira e os Castros ,  rúa da Merced , 56 baixo  a presentación de "Pangalaica. Recortes
poderosos", de Xurxo Souto.

Presentará o acto Luis Dopico e Eduardo Freire

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros por unha falta de espacio e unha evidente necesidade de prevención e garantia de saúde publica este ano non se recolleran xoguetes  desviando a recollida de xoguetes que realiza o concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),  que pon en marcha A Casa dos Xoguetes; unha iniciativa para fomentar o consumo responsable de xoguetes, a solidariedade e economía circular, na que un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenas/os de ata catorce anos.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: QUEIMAR O MONTE

No Forum Metropolitano o día 14 de decembro  as 19 : 30.

 

Trailer

 

Este sábado 31 de outubro terá lugar a II Marcha Cívica pola devolución da casa de Cornide.

A cita é ás 12:30 na praza de María Pita, a Asociación veciñal fai parte da convocatoria e anima a, cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria vinculadas á covid19, secundar a convocatoria.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo.

O documental reconstrúe a vida e obra do cantante Pucho Boedo

Estara  o director : Xurxo Souto

No Forum Metropolitano o día 2 de novembro as 19 : 30.

 

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña nos informan da programación de cursos centrados en potenciar as ferramentas de comunicación especialmente importantes no contexto actual de restriccións e que vimos impartindo de forma completamente gratuíta nas Bibliotecas Municipais da Coruña. Son cursos maioritariamente dirixidos a persoas sen ningún coñecemento de Informática ou Internet e cobren un amplo abanico de contidos tratados con rigor e profundidade.

 Estas acción formativas desenvolvense seguindo as indicacións das autoridades sanitarias: distancia mínima interpersoal, uso de xeles e mascaras facial

Pinche aquí para coñecer toda a programación.

Na Asociación veciñal vamos a ter unha nova actividade . IOGA NIDRA
A Actividade sera :
 
Os venres de 20 :00 a 21 :00
 
Comenzara en Outubro cando se cree grupo e se imapartira no local da Asociación
Será impartida por : MAIKA SIEIRO.
 
É un estado de sono profundo consiente que permite disolver bloqueos a nivel fisico enerxético , emocional e mental .
 
Reserva a tua praza no 654455667 ( preferible WHATSAPP )

Na Asociación veciñal  vamos a ter un curso de Pandeiro  e Pandeireta

TÉCNICA E REPERTORIO TRADICIONAL

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, estamos intentando poñer  a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio.

O concello a lanzado os bonos PRESCO, bonos que valen para obter descontos en comercios adheridos na cidade, e a verdade que moi interesantes, por exemplo, se gastas 30€ nun comercio de proximidade aplicaráseche un desconto de 10€ na compra, ou outro exemplo, o bono cultura, pódese utilizar para comprar un libro nunha librería e aplícase un desconto do 40% Interes

Páxinas