Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
Xa temos a imaxe das Festas 2017 que terán coma data os días 14 e 15 de Agosto coma di a tradición e xa non falta nada para ter a programación chea de novidades.
Vide veciños e veciñas a gozar do barrio!
O Vindeiro día 25 de xuño a partir das 18 horas temos unha nova cita no Parque de Oza para celebrar
O Vl FESTIVAL DO PAIS
Actuaran os seguintes Grupos:
- XEBRE
- EIDOS
- SON D AQUI
A Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros vai a celebrar unha Charla sobre a Seguridade Domiciliaria o vindeiro 19 de xuño 19:30 horas no Forum metropolitano na rua Río Monelos, 1.
Dirixido por profesional cerrajero con título certificado profesional. (Óscar Mosquera):
Durante o mes de Xullo e nas tardes dos martes, en colaboración coa Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Os Castros de 18:30 - 20:00 horas (aproximado) o tallerdepolo ten prevista a realización de tres obradoiros no local da Asociación, rúa Merced, 56- baixo:
Martes 4 de Xullo - "Taller de Arte en familias co tallerdepolo"
Pantasmas de Oza é un proxecto da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros para implicar á veciñanza na construcción do relato histórico do barrio arredor da antiga parroquia de Oza. O obxetivo é crear un Arquivo da Memoria con fotografías , documentos e testemuñas que recollemos nas Festas da Memoria.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai facer a presentación aberta á veciñanza do proxecto Pantasmas de Oza, Explicaremos o plan do mes de xuño, no que celebraremos tres festas da memoria e o roteiro creado polo patrimonio desaparecido da antiga parroquia de Oza.
Biblioteca do Forum A Coruña
Sábado 27 as 12.30 h
Na Asociación veciñal vamos a ter unhas :
Xornadas de Educación Canina:
Claves para unha Convivencia Exitosa e Feliz
Os 19 e ,26 de maio e 2 , 9 de xuño de 19.00 a 21 :00 horas no Centro civico de San Diego
Imparte : Silvia Bértoa , Educadora canina e Asesora en convivencia canina
A Comisión Aberta en Defensa do Común, na que esta a nosa asociación , organiza unha acampada reivindicativa-festiva diante da Autoridade Portuaria (na avenida da Mariña) para o venres, 21 de abril e sábado, 22 de abril.
A asociación veciñal anima a participar no proceso de Orzamentos participativos.
Abre #APortaAberta.
Dende o 26 de abril podes propoñer todas as propostas que queiras. PARTICIPA!".
A Comisión Aberta en Defensa do Común, plataforma na que participa a nosa asociación veciñal está desenvolvendo unha serie de actividades reivindicativas que teñen por obxecto a paralización definitiva da poxa dos terreos da Solana e Hotel Finisterrre, o cambio do PXOM para impedir máis accións especulativas da Autoridade Portuaria e, en definitiva, rematar co espolio da Coruña