Vostede está aquí

Campañas e apoios

Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal da Agra do Orzán  vai proxectar o documental  de María Alvarez  , Mar de Oza : Maxinado  o futuro  en colaboración coa nosa Asociación  o xoves  11 de abril as 20:00 no local da Asociación Agra , rúa Entrepenas , 38. A Coruña.

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 –

Mar de Oza . Futuro da franxa litoral  : De San Diego a Ás Xubias 

Sábado 6 de abril ás 12 horas no Fórum Metropolitano

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha excusión a Portugal O Sábado, día 11 de maio de 2019 visitando a Feira de Vilanova de Cerveira e a Fortaleza

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha excusión a Portugal O Sábado, día 11 de maio de 2019 visitando a Feira de Vilanova de Cerveira e a Fortaleza

  • Saída : 8: 00 horas.
  • Lugar : Asociación de Veciños
  • (Rúa da Merced, nº 56, baixo)
  • Volta as 21 horas.

Apuntarse no local da Asociación os luns de 18 :00 a 20 :00

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental

Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: "ESTRUTURAS PEL_CONTRA_PEL" o luns 1 de abril as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.

PRODUCIDA: Tingalaranga Audiovisual

REALIZACIÓN : PACO GALLEGO E XOSÉ BOCIXA

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

A Asociación veciñal  apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso  contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.

O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 - Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá: Sábado 9 de marzo ás 12 horas no Fórum Metropolitano

A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros celebrará tres mesas de debate entre os candidatos/as á alcaldía da Coruña nos meses de marzo, abril e maio.

O NOSO BARRIO CONTA é o lema baixo o que se celebrarán, no Fórum Metropolitano este Ciclo de Conversas Cívico de cara a debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.

Na Asociación veciñal  vamos a ter un curso de Pilates en OZA as clases seran os mercores  de 19:30 a 20:30 horas, comenza cando se cree grupo. Apuntate xa as prazas son limitadas.

Infórmate : 653 66 47 04.- 617 23 18 64

 

 

 

 

A Fundación Rosalia de Castro e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  fan un chamado a dar unha alborada global no Día de Rosalia.

O Domingo 24 de febreiro ás 12.00 H. Diante da casa onde viviu Rosalia de Castro na Coruña ,  Rúa do Principe , 3 15001 A Coruña .

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Historica vai proxectar o documentário: O Acevo  : O Reencontro das Memorias 

No Forum Metropolitano o dia 11 de marzo  as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Páxinas