Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
Sinopse: Históricamente, a maioría das materias primas empregadas na industria e para o noso consumo extraíanse do noso pais. Pero hoxe en día unha grande parte dos materiales veñen de moi lonxe, de países do sur ou empobrecidos onde contaminar ou contratar a traballadores en precarias condicións é máis fácil.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Documental “Mashi Trasi que Trasi!”, dirixido e realizado por Eduardo J. Alter. No Forum Metropolitano, o día 11 de marzo de 2024 ás 19: 00. Entrada de balde ata completar aforo.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: BLOOD COLTAN BLOOD COLTAN producido por: Patrick Forestier no Ano: 2007 cunha duración: 54 minutos. O coltán, ata fai pouco un material prácticamente descoñecido, convertíuse no novo ouro negro do continente africano.
Este mercores 31 de xaneiro, ás 19.00 horas, na Biblioteca do Forum rua Río Monelos S /N, organizamos un debate que sobre as vindeiras eleccións galegas.
Coa chegada do Nadal queremos repetir a campaña solidaria de recollida de xoguetes. Podedes colaborar levando algún xoguete que os vosos fillos xa non usen os xoguetes entregaranse no local da Asociación. As datas para a recollida serán do 28 de novembro ó 20 de decembro. Os xoguetes teñen que estar en bo estado, limpos e completos.
A plataforma pola reciclaxe: “Nostián con Futuro”, da que fai parte A nosa Asociacion organiza na cidade da Coruña esta mesa redonda sobre o sistema de reciclaxe na Cidade. Se queres coñecer cal é a situación actual da planta de Nostián, que vai a supoñer o 5º contedor de lixo na cidade ou como se pode mellorar a xestión do lixo na Coruña tes que vir.
Onde? Cando?
O vindeiro martes, día 7 de novembro ás 19:30h,AC Alexandre Bóveda e AV de Oza Gaiteira-Os Castros, inauguramos no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1, 15006) unha exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos.
O Pleno municipal de 12 de setembro de 2019 aprobaba unha moción por unanimidade para a devolución da Casa Cornide ao patrimonio da Coruña e que o concello presente unha denuncia no Xulgado para recuperar a propiedade, que aínda non se presentou despois de 50 meses. A Xunta de Galicia iniciaba o 14 de maio de 2021 o expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a Casa Cornide, que era aprobado o 27 de abril de 2023 e publicado no DOG en maio. O pazo de Meirás e a Casa Cornide son dúas caras dun mesmo espolio...
Sábado, 11 de novembro de 2023. Saída ás 12 horas da praza de María Pita
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros inicia de novo este ano 2023 os proxectos participativos centrados na Axenda 2030.
Na Asociación veciñal vamos a ter unha nova actividade . IOGA Y DANZA TERAPIA para equilibrar corpo , mente e emociones
A Actividade sera :
Os xoves as 20 :30
Información no 654 45 56 67 (WHatApp )
Comenzara cando se cree grupo e se imapartira no local da Asociación
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »