Vostede está aquí

Normas redetroco

Normas redetroco

Obxectivos :

  • Fomentar unha economía alternativa, baseada nas necesidades das persoas, non do mercado
  • Crear unha pequena comunidade/grupo de apoio e recuperar as vantaxes de pertencer a ela
  • Revalorizarnos, comprobar na práctica que somos capaces de facer moitas cousas por nós mesmos

Metodoloxia de traballo da rede Troco

  • Todos temos os rochos e armarios cheos de obxectos novos ou usados, pero en boas condicións, que nos resistimos a tirar pero que tampouco necesitamos xa.
  • Por iso creamos este novo servizo polo que, a través dun correo, poñeremos en contacto aqueles veciños que estean interesados en intercambiar.
  • Os interesados deberán enviarnos unha foto co artigo que queren cambiar ou vender, ou mesmo aquilo que poden estar a buscar e non encontran, e nós publicarémolo na nosa Web de forma anónima.
  • No correo non será necesario máis que indicar un teléfono ou correo electrónico de contacto e características do produto: cor, tamaño, fotografía, tempo de uso, estado, prezo, obxecto polo que o cambiarían...
  • Este servizo é totalmente gratuíto e cumprirá estritamente coa Lei de Protección de Datos. Deste modo tanto o comprador coma o vendedor poñeranse en conctacto entre eles sen a nosa participación.
  • Prégase unha vez vendido fágannolo saber para quitar o anuncio da paxina web