Vostede está aquí

Zonas para expor murais e grafites

somos conscientes das reticencias veciñais a este tipo de expresións artísticas, en nada axuda as “pintadas”

Zonas para expor murais e grafites

Na AAVV Oza Gaiteira Os Castros somos conscientes das reticencias veciñais a este tipo de expresións artísticas, en nada axuda as “pintadas” que adoitan aparecer en muros e outros elementos e que non teñen que ver con murais artísticos ou grafites, ensuciando moitas paredes do barrio; mais non debemos confundir unha cousa coa outra , anque ningunha debe facerse sin permiso dos lexítimos propietarios.

Polo que pensamos que deberíase acondicionar paneis e paredes no barrio, para fomentar a expresión artística na rúa, tal e como se ten feito noutras zonas da cidade. Deste xeito a veciñanza vería como a través dos grafites se poden poñer en valor zonas que ás veces están moi degradadas, tamén implicaríamos a xente nova no coidado do mobiliario urbano ao tempo que darían a coñecer formas de expresión alternativas e que non adoitan contar con espazos para a súa exposición. Non temos máis que observar como se ten tratado esta cuestión nalgunhas cidades europeas nas que estas formas de expresión chegan a formar parte das rutas turísticas. Dende a nosa Asociación  instamos ao Concello a que acondicione zonas para este tipo de arte, contando coa opinión de veciños e veciñas para acordar onde é o mellor sitio para expor murais ou grafites e vixile aos que ensuciando moitas paredes do barrio e da cidade da Coruña en xeral.