Vostede está aquí

A VIVENDA UN ¿ BEN SOCIAL ?

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:  A VIVENDA  UN ¿ BEN SOCIAL ?
Un proxecto do colexio oficialde traballo social de Galicia
codirixido por Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa
Coa colaboración da diputaciónn da Coruña.

Estarán :         

Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa e un representante do COTSG

 

A vivenda converteuse nos últimos anos no principal factor de exclusión social en Galicia. Así o destacou o pasado ano Cáritas no Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galicia. Ese documento salientaba que en Galicia a vivenda "pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade", desprazando ás dificultades relacionadas co emprego. Así, o 64,9% das persoas en exclusión atópanse afectadas por esta dimensión. En total, o 5,5% da poboación galega atópase nunha situación de vivenda inadecuada (149.000 persoas) e o 7,6% nunha situación de vivenda insegura (205.000 persoas).

 
No Forum Metropolitano o día 5  de OUTUBRO as 19:30.
E obrigatorio o uso de mascara
Sacar a entrada  no enlace