Vostede está aquí

Verquidos procedente de Pocomaco

Os verquidos  forman parte dun grave problema ambiental

Os verquidos que se sucederon na  no porto hai uns días forman parte dun grave problema ambiental contra o que levamos máis de trinta anos loitando no noso barrio.

A asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo loitando contra as descargas incontroladas e verquidos  no porto, contra a contaminación do porto, a zona maritima de Oza e a Ría , levamos tempo denunciando o comportamento dunhas autoridades que non están a defender os dereitos dos veciños e veciñas.

Xa temos denunciado que a Autoridade Portuaria non controla as actividades que se desenvolven nos seus terreos e que algunhas administracións permanecen agochadas cada vez que hai verquidos contaminantes no porto, que se permite facer as descargas de carbón e outros graneis sen ningún control, que se descargan hidrocarburos de xeito totalmente incorrecto pois inundan o barrio de cheiros insoportables, que se realizan desguaces sen tomar medidas de protección, que non se fai ningún control sobre a balsa de lodos de Oza...

O noso colectivo non entende como se permite que todo isto suceda unha e outra vez, non entendemos como a fiscalía de delitos medio ambientais non actúa, que ten que acontecer para que a xustiza defenda aos veciños e veciñas? .

Os anos pasan e os problemas lonxe de solucionarse repítense unha e outra vez, cada vez vemos con máis claridade que as administracións non están a defender os intereses das persoas.

Non lles importa a saúde das persoas, non lles importa o traballo de mariñeiros e mariscadoras que se quedan sen ingresos, non lles importa o dano medio ambiental que se provoca, nada importa para que os negocios duns poucos sexan cada vez máis rendibles. Permiten que se destrúa o noso territorio, que se atente contra a nosa saúde e o noso traballo, o único que lles preocupa é manter os privilexios duns poucos.

O noso colectivo veciñal non se vai dar por vencido, seguiremos a loitar pola nosa saúde e o noso traballo, seguiremos defendendo o noso territorio e patrimonio ate o día que as administracións entendan que as cousas se teñen que facer doutro xeito.