Vostede está aquí

UNHA VOLTA POLO MAR DE OZA


Este domingo ás 13:00h tivo lugar a saída do barco que, a Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros contrataron pra percorrer e recoñecer unha parte da costa do Concello de Oza. Dende o peirao de Oza, saíron ao redor de 50 persoas que acodiron á cita que esta Asociación tiña planificada dentro do marco de xornadas acollidas á subvención que a Deputación da Coruña outorgou pra tal fin, amenizada por un grupo de gaitas e tamboril e maila palabra de Felipe Senén que amosou como a través do tempo o vello Concello de Santa Mª de Oza saíu sacrificado da súa fusión co veciño Concello da Coruña que se foi desfacendo do patrimonio dese Concello sen ningún escrúpulo e sen render contas aos veciños e veciñas que aínda se consideran e nos consideramos de Oza. Dese xeito malvendeu a particulares a antiga Casa do Concello de Oza, atopándose hoxe en día en total estado de abandono e sen facer caso a esta Asociación que se puxo en contacto con Javier Losada, Alcalde do concello veciño da Coruña en febreiro do 2009, para solicitar a súa restauración e posterior entrega ao barrio, a día de hoxe seguimos sen resposta ningunha dese alcalde nin da Concelleira de Urbanismo que tampouco contestou nin deu resposta, o que demostra como de xeito vergoñento se nos minusvalora aos veciños e veciñas até as seguintes eleccións claro.