Vostede está aquí

UNHA PRAIA MOI CONTESTATARIA


INTRODUCCION

Para moitos veciños de Oza a Praia de Lazareto ten lembranzas inesquezibeis, non só pola sua area fina e limpa, única na cidade. Moitos de nos a prendimos a nadar nas suas augas, previo chapuzón forzado dende o Puntal, zona de xuntanza da mocidade, ou milloramos o noso estilo natatorio cas carreiras ata as mexilloeiras. Ou sendo maís nenos nos temos que lembrar dos partidillos na area, e a posterior merendola familiar nas arboledas do Lazareto, hoxe reconvertidas en insulsos aparcamentos.Todo eso previa espera na muralla a qué os nenos das colonias abandoaran a Praia. Incluso para os non nacidos no barrio, as camiñatas dende Catro Camiños ata a Praia pola via do tren, xogando entre as travesas.

Realmente Lazareto non era a praia de Oza, era a praia dos barrios, unha praia de barrio e de xente traballadora dos Castros, Eiris, Gaiteira, Castrillón, Montes, Monelos, Catro Camiños, xentes que estaban a dar pulo e riqueza á Cidade co seu traballo e buscaban momentos de lecer en Lazareto.


Pero a historia escribese as veces con renglos tortos e xa no ano 1959 a Dirección do Sanatorio de Oza pretendeu pechala ó uso público, e despois de constatar o rexeitamento popular abandonou a idea.

UNS VARADOIROS ASASINOS… E DUAS PISCINAS

No ano 1963 Julio Saenz Chas, de unha recoñecida familia do barrio, director-xerente de “Talleres Viuda de Juan Chas S.L.”, presenta unha solicitude para construir un varadoiro de buques primeiramente entre o Muelle Petroleiro e o Puntal. O caramelo era dulce: creación de 300 postos de traballo, emprego indirecto,e toda a parafernalia que acompaña a unha empresa de este calibre. Realmente era un momento crucial; os Varadoiros da Darsena databan de 1931, cando na cidade había 30 barcos de 30 metros e 300 TN. .Cando Chas solicita a licencia habia 180 buques de diverso tonelaxe, que convertian cas suas mercadurias a Cidade no principal porto pesqueiro de Galiza, e un dos principais portos do Estado. As reparacións a flote estavanse a desviar ó Ferrol, Vigo, incluso Asturias e Santander. Esto significaba un transtorno económico para os armadores e unha perda de riqueza para a Cidade.

A solicitude de Chas, é rexeitada pola “Junta de Obras del Puerto”, atendose co espazo solicitado era de “reserva” para ampliazón do Muelle Petroleiro, según “Plan Ampliación del Puerto de 1962”, sinalando a citada JOP a Praia de Lazareto como o espazo mais axeitado. Chas presenta en 1964 un novo proxecto, aprobado en 1965, sendo aprobada a concesión definitiva en marzal de 1967. Como compensación conservariase o resto da praia e construirianse duas piscinas Foi o final da Praia de Lazareto.

UNHA PROTESTA VECIÑAL, EN PLENO FRANQUISMO E MAIS…

Mais os veciños en vez de calar, armaronse de valor e con José Garcia Iglesias á cabeza remitiron escritos de protesta firmados por centos de veciños ó que naquel intre, e segun contestación a sua carta era “Su Excelencia el Jefe del Estado y Generalisimo”. . E estamos a falar de marzal do 1969. Os veciños consideraban ca Praia era un ben cidadan e cos varadoiros poderianse instalar noutro espazo ainda que sinificara mais costes para empresa. A resposta foi a esperada, e os tempos moi duros para ir mais aló: os primerios carros varadoiros ocuparon Lazareto.

UNHA NOVA XEIRA… UN BARRIO PROTESTON

A historia no remata aquí. No BOP do 7/ 11/ 1974, Varaderos Chas, ahora acompañado de “Cooperativa del Mar de Armadores de buques”, solicitan ampliación dos varadoiros existente e a construcción de dous carros de reparacions a flote. Sería a estocada definitiva á Praia. E de novo dous bandos, por un a JOP co seu presidente Reinoso Rino e o director Lopez Páramo, como testas de choque dos intereses económicos privados moi poderosos , e da outro os veciños, novamente unidos ante tal falcatruada.

Esta vez quen encabeza o movimento cidadan é a A.VV. “OZA” da Gaiteira-Os Castros, que nunha xuntanza pon detrás de sí o apoio do Movimento Veciñal (A.VV. do Castrillón e Eiris) e cidadan ( Sociedade Recreativa dos Castros e a Gaiteira, clubs de futbol, Os Gaiteiriños, peñas como O Caldeiro, Silva, As Cuncas, etc ) . Foi un momento crucial e de unidade veciñal.De novo recollida de miles de firmas, entrevistas e protesta voltan unir o barrio pola Praia de Lazareto. A oferta desta volta é mais seria: construcción dunha nova praia entre o extremo de Oza e Asteleiros Valiña, A PRAIA QUE HOXE TEMOS.


En medio, e de esto falaremos noutra volta, siguiriase a privatizar o barrio: balsa de lodos contaminantes, darsena de Oza, amarres de embarcacions de recreo e Marina Seca ,etc. Cada vez maís estase a convertir a darsena de Oza nun vertedoiro.

ESTAS NOTAS SON UN APOIO A RECOLLIDA DE FIRMAS DE A.VV POlA AMPLIAZON DA PRAIA DE LAZARETO. COMO SE VÉ A LOITA VEN DE VELLO E CONTINUA.

revista da AVV reclamando piscinas e conservación do resto da praia de Lazareto