Vostede está aquí

-Un Plan integral medioambiental para a zona de Oza-

Dende  a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros hemos denunciando a situación, no só das augas sinon de todo o espazo,mediambiental e ecolóxica da Praia dende seu inicio. Augas, espazos de lecer, accesos, transporte, etc.: sempre estivo abandonada polas administracións públicas.

.- Sempre hemos denunciados os verquidos que a través do Rio Monelos estanse a facer no mar. Edificios, empresas, etc. siguen sin estar catalogados e controlados nos verquidos fecales y contaminantes.

.- Sempre hemos denunciados os verquidos incontrolados na Dársena de Oza. Así o hemos feito ante a Xunta, Autoridade Portuaria e Concello respecto a certas empresas que vaciaban buques (líquidos contaminantes, paramentos , ferros, gases,etc.) na Dársena de Oza sin control e normativa de ningún tipo.

.- Hemos pedido control o Concello e esixido aplicación da normativa galega, española e europea a Autoridade Portuaria dos desguaces dos asteleiros situados a carón da Praia.

.- Denunciamos ante as administracións que o carón da Costa de Oza asisten mais pontos de verquidos que sempre esiximos que se controlaran e catalogaran.

Consideramos ca iniciativa do Concello vai na liña esixida de sempre pola nosa asociación e esperamos a súa limpeza e erradicaión dos focos contaminantes para o próximo ano.

Mais tamén temos esixido o Concello una actuación para

.- Ampliación da Praia e espazos de lecer o espazo dos antigos asteleiros Valiña.

.- Dotación de novos usos e medios os espazos verdes.

.- Millora dos accesos a Praia, facilitando o acceso os persoas minusválidas.

.- Un bus que permita acceder a Praia..

-Un Plan integral medioambiental  para a  zona de Oza-